Categoría: Mass media etc

  • Tola!

    Depois do sucesso da revista Mala, chega aos quiosques reintegracionistas uma nova publicaçom: Tola! A competência!

    Podes descarregar a capa em pdf aqui.

  • Superluns

    O famoso Superpiñeiro, que esta semana saíu ás pantallas galegas en luns por mor do fútbol, abriu o programa ao estilo Sardà gabándose das marabillosas cifras do share da semana pasada. ¿Estará a dicir, subliminalmente, «se decidides prescindir do meu estupendo programa, ides baixar moitísimo na audiencia»?
    Na imaxe de embaixo, aparece acompañado de Dona Hermitas, escarallando diversos electrodomésticos. Que dirán os emigrantes que pasan penurias â€â€?e que non son visitados por Maricarmen Mella?

  • Encontros (pero non na terceira fase)

    Como había algún tempo que non faciamos aquí un repaso ao programa Encontros, que parece que está ameazado de retirada da grella da TVG, non puiden evitar a tentación de destacar a viaxe que fixo esta semana Maricarmen Mella. Desta volta, continuando no seu imparable periplo na procura de galegos nos lugares máis desfavorecidos e marxinais do mundo, que sofren mil e unha penurias loitando por sacar as súas familias adiante, a nosa amiga lucense visitou a tropicalísima, turistiquísima e venezuelanísima illa Margarita, moi afastada, dende logo, dos bolivarianos delirios de Hugo Chávez. Nada que ver con Telesur. Velaí unha captura:

    O acompañante é, naturalmente, de ascendencia galega e, por casualidade, chámase Javier Veiga, pero non é este Javier Veiga.

  • Sempremartes

    O programa de Manquiña non deixa de sorprenderme. Onte mesmo se atreveron a parodiar un programa da propia TVG. Non sei se lle fará moita graza a Superpiñeiro.

  • Por fin

    A campaña feita por ModestoWeb non foi en balde. Esta noite volve ás pantallas galegas a serie protagonizada por Ana Kiro A miña sogra e mais eu, con episodios inéditos â€â€?creoâ€â€?. Supoño que se fará aproveitando a baixada de espectadores habitual neste mes de agosto que hoxe inauguramos, e que, a pesar da súa escasa acollida no seu día, sempre terá máis público ca Máxima Audiencia, que regresa á medianoite.
    Dentro desta moda da reciclaxe estival, aí van dúas imaxes que se publicaron no seu día neste modesto blog.