Non creo nos adiviños, nos xogos de azar nin nos concursos por SMS e 806.
Categoría: Mass media etc
-
Desconexión publicitaria
Este é un exemplo das desconexións publicitarias que se poden ver dende o repetidor de Antena 3 en Noia (canal 40 UHF). Leva así dende a súa inauguración, o día de san Fermín de 1993, polo que me pregunto qué pensarán as empresas que se anuncien para Galicia coa suposta intención de cubrir o país. Viva Castela-A Mancha! Viva Retevisión! Viva o Hispasat!
-
Todo pola audiencia
Xavier Sardà sempre comeza o seu Crónicas Marcianas fachendeando dos seus índices de audiencia. Pero, se para acadalos ten que recorrer a espectáculos coma este… A este paso, o humor de Buenafuente ou do Wyoming, ou mesmo o de Manquiña poden acabar superándoo por aburrimento.
Nos seus comezos, Galindo criticaría isto coa súa expresión de “tetas, tetas, tetas”, que é o que acabou sendo o programa líder do night-time.
Esta imaxe está censurada, porque esta páxina vena persoas dos Estados Unidos, e o servidor de blogger tamén está emprazado nese país tan mamilófobo. Ata hai páxinas coas capturas dese momento-teta!
Pero, se pulsas sobre a imaxe, verala completa… Aínda que cousas así se poden ver todos os días na nosa querida terriña.
Non recomendado a menores de 18 anos, aínda que hoxe en día os menores de 18 anos poderíanlle dar clases a Lorena Berdún. -
Club de fans de Nieves Rodríguez
Ver para crer.
-
Fraga rexeita “aventuras mediáticas sen máis norte que a frivolización” e pide “mecanismos de autocontrol” nos medios
Evidentemente, non fala dos “seus”, senón dos “outros”. E isto dío o artífice da aínda parcialmente vixente -en todo o que non é anticonstitucional- lei de prensa e imprenta de 1966. Cando desaparecerán as listas negras? (ver derradeira pregunta da entrevista a Xosé Manuel Vega)