-
Buck Rogers no século XXV
Fedellando no YouTube atopei este vídeo. Gozade de boas lembranzas. Dous avisos: non está enteiro e a dobraxe non é como as de agora:
-
Extraterrestres en Compostela
No primeiro episodio da serie The Sarah Jane Adventures, a protagonista, compañeira de viaxe do Doutor Who durante bastantes anos, descobre que os malvados Slitheen tentaran asentarse en Santiago. Da que nos libramos…
-
Ás voltas co fuso horario
Felipe Barral, un brasileiro coñecido por ter descuberto a existencia da lingua galega no Grove ou en Ogrobe, como vostedes prefiran, estivo de visita recentemente por Compostela. Aloxado no Monte do Gozo, amosou a súa sorpresa polo feito de que ás nove aínda fose de día e polo estraño horario ao que estamos sometidos os […]
-
Tan gallegos como en gallego
Será que os de Tan gallego como el gallego están a sabotear as televisións locais das zonas máis galegofalantes do país? Visto en Telebarbanza: Non esquezan pechar a boca despois de ver o vídeo. Arrepiante!
-
Noite Mourente
Como Ghanito xa o fai marabillosamente aquí e aquí, e o Regueifeiro tamén, non teño moito máis que comentar do de onte á noite, só facer achegas audiovisuais. Velaquí o vídeo do debut de Projecto Mourente: Tamén temos fotos. Esta é duns minutos antes, cando The Homens e Projecto Mourente tamén compartiron escenario, pero cos […]