Moncha non irá a ‘Crónicas’

Deixouno moi claro na rolda de prensa que deu esta tarde no centro social de Boiro: «Non me vou dar de hostias co Padre Apeles». Parece ser que lle ofreceron ir a Crónicas Marcianas e a Salsa Rosa, pero Moncha non quixo venderse. Segundo ela, non cobrou un peso por saír no programa de Ana Rosa. Por certo, eu estaba alí. Por iso dixo aquilo de «estades todos moi guapos»…

Ramona Maneiro Superstar

Hai que ver a que armou esta semana Ramona Maneiro, recoñecendo que fora a persoa que axudou directamente a morrer a Ramón Sampedro. Espero que o empuxe mediático que conseguiu grazas a Ana Rosa Quintana non a convirta nunha superestrela da pantalla, e que acabe en programas como Gran Hermano VIP ou Aventura en Ã?frica, como King Ã?frica ou María Jiménez
Por certo, qué pouco lle queren os familiares de Sampedro, sobre todo a cuñada, que non ten nada que ver con Balbina, a de Pratos Combinados.
Ramona Maneiro
Como hoxe choveu moito (non, non estaban a mexar por nós), nesta captura da 2 de TVE en Galicia sae con paraugas…