Que foi da serie de Ana Kiro?

Hai un tempo, comezou na TVG unha serie protagonizada pola megaartista arzuá Ana Kiro, titulada A miña sogra e mais eu, que, ao pouco tempo, desapareceu sen deixar rastro, a pesar de que non se facía outra cousa que falar do seu enorme éxito. Esquecida pola audiencia? Voltará? Aquí temos á Kiro con dous dos tres soles do Paraguai nunha foto case inédita, pero que se pode atopar doadamente buscando na sección de imaxes do Google.

Cea do Concello de Boiro

Como todos os anos por estas datas do Nadal, o Concello de Boiro convidounos aos xornalistas da comarca a unha cea no restaurante Chicolino, na que os membros do equipo de goberno aproveitaron para ofrecer algunha que outra primicia. Para que quede constancia, velaí as fotos publicadas na prensa (dixital):

Aquí había tamén unha foto do Diario de Arousa, pero desapareceu. Preguntádelle a Paco Lobatón.
Por certo! Que había un micro co dado de “Siete Lunas” (o programa do Lobatón) diante de Moncha Maneiro o día da súa rolda de prensa. Todas as pezas acaban encaixando.