José Feliciano, esa gran voz.
Feliciano Barrera, editor de El Correo Gallego.
Queremos que volva Ana
Dúas das persoas máis importantes do mundo real e/ou audiovisual, co permiso de Xosé Ramón Gayoso, tamén queren que volva ás pantallas a serie protagonizada por Ana Kiro. Carlos Latre disfrazado de Eva Nasarre e George W. Bush disfrazado de George W. Bush.
Xa estamos en Vieiros
Pois si. ModestoWeb aparece clasificada, como non, pola letra M, xusto na mesma da páxina de Manolo Gago.
Isto non é unha fotomontaxe
Que foi da serie de Ana Kiro?
Hai un tempo, comezou na TVG unha serie protagonizada pola megaartista arzuá Ana Kiro, titulada A miña sogra e mais eu, que, ao pouco tempo, desapareceu sen deixar rastro, a pesar de que non se facía outra cousa que falar do seu enorme éxito. Esquecida pola audiencia? Voltará? Aquí temos á Kiro con dous dos tres soles do Paraguai nunha foto case inédita, pero que se pode atopar doadamente buscando na sección de imaxes do Google.