Categorías
Mass media etc

Ryanair xa está en Compostela

Confirmouno na TV oficial do reino (de Galicia) o conselleiro de Cultura, Turismo e etcéteras, Jesús Pérez Varela (non sei por que Beiras tiña a teima de chamarlle “pequeno Goebbels”). A partir de agora, poderemos voar a Londres por 3 euros. Unha boa nova, tanto para María como para Maricarmen Mella, aínda que supoño que esta última seguirá viaxando en primeira clase coa aeroliña (non federal) máis cara que haxa…
Pérez Varela

Categorías
Mass media etc

Rebaixas?

Que pasa? É que só Google se pode decorar para conmemorar distintas datas sinaladas? Esta foi a imaxe do día da Terra, o 22 de abril:

Pois aquí tamén se han celebrar as “festividades importantes”, como as rebaixas, neste caso. Non sei cal será a próxima… Admítense suxestións.

Categorías
Mass media etc

…E nós sen sabelo

Así que El Correo Gallego é o xornal máis influínte de Galicia. Mágoa que teñan o servidor de Galicia Hoxe caído…
Actualización (10/1/2005, 23:13h): a web de Galicia Hoxe xa funciona. Nunca é tarde… Saúdos a Pili e Natalia.

Categorías
Mass media etc

ModestoWebRadio

Un día destes (quizais mañá) poñerei a funcionar a marabillosa ModestoWebRadio online, que xa estiven probando esta tarde. Podedes imaxinar a inmensa calidade da música que soará por esas ondas virtuais. Iso si, só vai estar activa durante algunhas horas, e unicamente as fins de semana, que é o que me permite a miña conexión a Internet

Categorías
Mass media etc

Cach@rro-quente en Londres

Xa sei que parece unha obsesión, pero non podo evitar ver o programa Encontros cada semana, porque non ten desperdicio. Nesta ocasión, Maricarmen Mella foi a Londres a conta dos contribuíntes, e, á parte de falar mal dos ingleses, que se son moi pechados e tal e cal -como se os galegos fósemos tropicais, ou algo parecido, aínda que ela si o é, que para algo é Miss Cacaolat– puidemos comprobar o seu gusto polos hot-dogs, en castelán perritos calientes e en portugués cachorros-quentes. Mellor será empregar a variante lusófona, pois nos dá unha idea de por que chegou tan alto esta gran Xornalista con maiúsculas… Vivan os Cach@rros!