Día das letras hipócritas

Xornais en galego

Hoxe é o día no que todos os xornais en castelán saen coas súas primeiras páxinas -que non o resto- en galego. Algo así como se as mulleres só tivesen dereito a traballar fóra da casa o 8 de marzo. De todos os xeitos, sempre xorden propostas interesantes. Por exemplo, dende hoxe La Voz de Galicia ofrece unha versión dixital en galego mediante tradución automática.

Outro dato para ter en conta: os lectores do mesmo xornal elixen carallo como sétima palabra máis fermosa do galego.

Comentarios

4 respostas a “Día das letras hipócritas”

  1. ghanito

    ¡Manda carallo! ;-D

  2. si, o de carallo é sorprendente… é unha mágoa que non estivera máis arriba… eu creo que si que tiña votos para ser segunda ou terceira, pero para evitar problemas os da Voz a colocaron fóra das cinco magníficas… imaxínate: bolboreta, ledicia, agarimo, morriña… carallo!

  3. si é o primeiro que aprendeu a dizer o meu sobrinho , iso e arre ostias …eu da voz de galicia collín a literatura universal en galego , máis que nada por que quería ter o manifesto comunista de marx na lingua nai

  4. No noso blog falase da relación deste concurso da palabra mais fermosa coa nova campaña turística de Turgalicia baseada en palabras galegas fermosas e singulares.

Deixa unha respostaCancelar a resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.