Queremos Adsense en galego

Welcome to Adsense

O xigante da publicidade na internet, Google, segue a discriminar a nosa lingua. Despois de tantos anos, o seu servizo Adsense segue sen estar dispoñible en galego. Iso significa que un blog galegófono nunca poderá levar publicidade de Google, pois non o detectará como escrito en español nin en portugués, aínda que seleccionemos calquera destas dúas linguas ao nos rexistrarmos no servizo.

Se dispuxésemos de Adsense en galego, moitos blogueiros e blogueiras do blogomillo probablemente escribiríamos máis, porque así poderiamos sacar uns cartiños para pagar o hosting, ou o dominio .gal, que de barato ten máis ben pouco. Tamén sería un bo xeito de potenciar a publicidade en galego.

E si, con este artigo arríscome a que comece a festa da Lei de Berto.

Comentarios

3 respostas a “Queremos Adsense en galego”

  1. g2-e22d1711f8e1b0f7b911f2086e33b51d

    Pois nada, vai ser certo que o blogomillo finou.
    Nen un triste comentario dos defensores do galego internacional chamándote espanholista XD

  2. modestoweb
  3. Galicia Máxica – Galicia

    O triste é que sí deixa aos anunciantes publicitarse en galego en páxinas en castelán, vaia paradoxa.

Deixa unha respostaCancelar a resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.