Categoría: Mass media etc

  • Atrasos


    La Voz de Galicia / Barbanza (5/6/2008)

    El concejal de Facenda de Noia, Lino García Novo, anunció ayer que antes de que acabe este mes ya se habrán hecho todas las adaptaciones técnicas oportunas en el repetidor del monte San Lois para que las cadenas de televisión que emiten mediante señal digital terrestre puedan ser sintonizadas en todos los hogares.

    Pode que Lino fose moi optimista, que Abertis tome as cousas con moita calma, ou que a zona non forme parte do 88% de cobertura estatal prevista para o 31 de xullo.

    Si, é certo que teñen que solucionar varias cousiñas: o repetidor do Concello de Muros que emite en analóxico no canal 66 (Cuatro dende Paxareiras), cambiar de frecuencia Antena 3 en analóxico (40, que usa a TDT autonómica da desconexión de Santiago), eliminar a emisión analóxica de TVSB no 27 (reservado á TDT local), e non sei se algo máis.

    …aínda que esta mensaxe pode querer dicir algo. En calquera caso, eu estarei en Nova York en agosto, e non terei tempo para comprobar esas cousas, losepáis. Unha lembranza a Fly Music:

    Vídeo

  • Resistance is futile

    Non nos queren deixar en paz. Está visto que hoxe é aconsellábel deixar ben apagado o televisor.

  • Non pasaron

    Estes son os participantes que non estarán na final do Festival de Eurovisión do sábado. Como era de agardar, o público castigou as propostas máis estrafalarias, aínda que non todas. Deica, pavo Dustin!

  • Un día histórico para o audiovisual galego

    Non sei se o título pode parecer un pouco pretensioso, pero é certo. Hoxe comezaron a emitir pola TDT as dúas primeiras televisións locais de Galiza: as de Compostela, Correo TV e Localia, aínda que creo que non o saben en ningunha das dúas, porque non o anunciaron nin nada. O caso é que, aínda que a calidade de imaxe é cutre a máis non poder, o audio tamén (Localia só sae pola canle esquerda), non teñen guía de programación e todo iso, é un paso importante de cara ao apagón analóxico, para o que só falta un ano de nada. Pois iso, que velaí unhas capturas, e un saúdo a Vanessa Grela, compañeira de facultade, e a Sara García, con quen compartín esperpentos xa sabe onde 😀


    Ah, outra cousa: que se supón que a súa lingua vehicular será o galego, pero a canle de audio vén marcada como “esp”. Iso xa se irá amañando co tempo… Até o 30 de xuño de 2009.

    Actualización: Ben, polo que vexo, en Localia si que o saben:

  • SIVER PENDEJOS

    Eu, como moitos outros blogueiros deste país -dou fe-, recibín non hai moito tempo un convite anónimo para participar nunha xuntanza que vai ter lugar o 31 de maio en Agolada. Lamentabelmente, esa fin de semana non vou estar dispoñíbel para ningún tipo de actividade social, a pesar da chea de actos programados. Outra vez será, ou non -é que ultimamente estou moi asocial.