Categoría: Mass media etc

  • Somos unha potenzia (ou case)

    A estrea do late show presentado por Carlos Blanco tivo uns resultados non demasiado malos: un 10,7%.

    Somos unha potenzia

    O programa gustoume, pero aínda é un pouco cedo para sacar conclusións. Non se debe comparar con Sitio Distinto, por moito que Reixa estea de produtor executivo e Blanco participase naquela experiencia pioneira, nin coa Máxima Audiencia de Manquiña, pero é un intento digno de facer un late night show autóctono e diferente a toda a programación centralista das outras canles, tanto se o centralismo vén de Madrid como de Barcelona.

    (E fágolles un pouco de publicidade porque teñen unha sección na que comentan blogs, así que… a ver se cae algo).

    Previamente estreouse a serie francesa Dolmen, cun share do 9,9. Consta de seis episodios e ten unha fotografía impresionante, por non falar do misterio ou da súa actriz protagonista, Ingrid Chauvin. Algo moi diferente do que estamos afeitos a ver, e máis se a comparamos coa outra cara da moeda: CSI. En Francia foi un éxito, pero aquí é de supoñer que non será tanto. A vindeira semana terase que enfrontar con EspañaTunisia.

    Tanto se a audiencia acompaña como se non, haille que agradecer á televisión autonómica que arrisque e aposte por novos espazos, en lugar de repetir unha e outra vez as mesmas series e programas.

  • Galicia é eurovisiva

    Segundo os datos do ranking do mes de maio que publica TNS, Galicia/Galiza foi a comunidade autónoma na que o festival de Eurovisión tivo unha audiencia meirande: foi o cuarto programa máis visto do mes. Curioso.

  • Galicia non será nación

    Por moito que o diga Edilberto Alonso na canción do verán galega, ver cal foi a nova máis importante do día de hoxe na TVG fainos poñer os pés na terra.

  • Sorpresa (2)

    Unha semana despois, El Correo Gallego tamén o conta.

    E, contra o que di Sobek nun dos comentarios desa nova, si se ve con nitidez. Demostración (e de paso, exemplo da programación):

  • Sorpresa!

    Púxenme a mirar a televisión a estas horas e detectei unhas estrañas interferencias na 2. Por curiosidades friquis das miñas sintonicei o aparello e de repente atopei isto:

    É dicir, que dende hoxe se pode sintonizar a Sexta dende o reemisor de Noia, na canle 24 da UHF, interferindo lixeiramente á 2 (canle 23), así que non sei se seguirá aí ou está en probas ata que atopen outra frecuencia máis axeitada.

    A todo isto, creo que aínda non a puxeron en Santiago. Tocaba para o día 1.

    Estes de Abertis Telecom están a traballar contra reloxo. Pero aínda non puxeron a TDT.

    Engádega: Non foi Abertis, senón Retegal.