The Hunger

Foi o título do filme que fun ver hoxe ao CGAC, unha interesante historia con sangue, lesbianismo e pombas. Ao final, onte fun ver Freaks cos sempre incombustíbeis Megaloves, que hoxe non acudiron á cita, cousa que si fixeron Fer e Ictios, que tamén veu co seu compañeiro de piso, e, ademais, estivo presente o omni-ídem.

Aínda que esta reflexión non ten nada que ver tematicamente co anterior, ocorréuseme cando volvia para a casa: En Humidtown, cando cae ese orballo persistente e habitual na cidade, sénteste igual de parvo se levas o paraugas aberto coma se o levas pechado. Solución: non levar paraugas.

Comentarios

7 respostas a «The Hunger»

  1. non era meu compañeiro de piso 😀

  2. modestoweb

    Metedura de zoca. <:(

  3. ghanito

    ¿Iría con vostede cando menos, ou tamén é un erro e o ghicho arrimouse só? 😀

  4. tawilgz

    Na, era um que passava…
    A peli “tavaguay” mais mui dos oitenta… 😉

  5. mas dos oitenta bos, non dos malos 😛
    si, ghanito, ía comigo 😛

  6. modestoweb

    Era dos oitenta, pero non avellentou nada.

  7. tawilgz

    Com Bahaus nos primeiros minutos nom pode avelhentar mal…

Deixa unha resposta

Activa JavaScript para deixar un comentario.

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.