Categoría: Mass media etc

  • O futuro do audiovisual local

    Polo menos o da península do Barbanza. Hoxe, A Voz publica unha interesante información sobre a reacción das tres televisións locais da bisbarra despois da concesión das licenzas dixitais. O panorama que se lles presenta por diante non é demasiado prometedor, nin sequera para a que si acadou permiso para emitir en dúas demarcacións.

    Tentarei ser o máis obxectivo posible, e se alguén desexa facer algún comentario, ten este blog aberto. Non quero recibir SMS, grazas.

    Un directivo da sociedade noiesa precisou que non se tivo en conta se as televisións facían programación propia ou non e a cantos profesionais tiñan contratados.

    Polo que teño entendido, a tal sociedade noiesa non ten actualmente nin programación propia nin persoal -contratado nin sin contratar-, aínda que supoño que o seu peche técnico e a súa conexión as 24 horas con Local Media TV se debe ás difíciles perspectivas que se lle abriron cando quedou fóra do concurso por un erro de forma. Oxalá isto deixe de ser así pronto.

    Outro dos afectados precisou que en Madrid produciuse unha situación similar e que unha sentenza do Tribunal Supremo obrigara a outorgar a autorización a duascentas cadeas, cando inicialmente só se deron permisos a oitenta.

    Despois de googlear un bo anaco, non me consta que o Tribunal Supremo -en todo caso, sería o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, que tampouco- ditase ningunha sentenza para autorizar duascentas cadeas. As licenzas son as que son e o espectro é o que é. Outra cousa é que as cadeas que non obtiveron permiso presentasen recursos -contenciosos-administrativos ou de alzada- contra a decisión do goberno de Esperanza Aguirre, pero aínda non se resolveron e, mentres, o feito, feito está.

    …máis de tres mil profesionais poden quedarse sen emprego se pechan as empresas de comunicación local que operan na comunidade autónoma.

    Preferiría non ter que comentar isto, pero tres mil paréceme unha cifra esaxerada, e tamén espero que os Profesionais se poidan recolocar nas empresas de nova creación.

    A terceira en discordia -ou concordia, segundo se mire-, que si obtivo licenza, tampouco as ten todas consigo, pois non obtivo permiso para emitir noutra demarcación na que ten cobertura analóxica -pero si en dúas delas, o que non está nada mal-, e terá que cambiar varias das súas frecuencias en analóxico, que coinciden coas reservadas para TDT local. Aínda así, parabéns e moita sorte, pois a competencia con medios de ámbito autonómico e mesmo estatal vai ser moi dura.

    Estaremos atentos ás nosas pantallas, aínda que as emisións poderían tardar en comezar ata un ano e medio.

    Engádega: Todo se solucionaría revogándolle a licenza autonómica a Popular TV, concedéndolla aos xornais e Filmax e, asemade, dándolles as locais que lles outorgaran a eses mesmos xornais para compensalos pola non concesión autonómica ás televisións locais que xa estaban a emitir en analóxico. É tan doado…

  • Xa están aquí

    (en gris, os concellos máis afortunados de Galicia)

    (a cores, cada unha das demarcacións e a frecuencia na que emitirán os concesionarios privados máis unha canle pública)

    Despois dun ano de espera, o Consello da Xunta aprobou hoxe as licenzas de televisión local dixital terrestre. As empresas agraciadas foron:

    • Carballo: La Opinión de La Coruña, S.L., Editorial La Capital, S.L. e Salitre
      Multimedia.
    • Coruña: La Opinión de La Coruña S.L., Editorial La Capital S.L. e Utega S.A.
    • Ferrol: La Opinión de La Coruña S.L., Editorial La Capital S.L. e Radio Coruña S.L.
    • Ribeira: Editorial Compostela S.A., Multimedia Comunicaciones e TV
      Mancomunidade do Salnés.
    • Santiago: Faro de Vigo, S.A.U., Compostelavisión S.L. e Editorial Compostela S.A.
    • Vimianzo: Editorial Compostela S.A.
    • As Pontes: declarada deserta.
    • Chantada: Chantada Comunicación S.L.
    • Lugo: Telelugo El Progreso de Lugo S.L., Utega S.A. e Alternativas de Medios
      Audiovisuales.
    • Monforte: Telelugo El Progreso de Lugo S.L., Telemiño S.A. e TV7 Monforte S.A.
    • Vilalba: Telelugo El Progreso de Lugo S.L. e TV7 Monforte S.A.
    • Viveiro: Telelugo El Progreso de Lugo S.L.
    • O Barco de Valdeorras:Telemiño S.A.
    • Carballiño: Telemiño S.A.
    • Ourense: Telemiño S.A., Faro de Vigo S.A. e Utega S.A.
    • Verín: Telemiño S.A.
    • Lalín: Editorial Compostela S.A., Multimedia Comunicaciones e Deza Visión S.A.
    • Ponteareas: Rías Baixas de Produción e Josefa López Pousa.
    • Pontevedra: Faro de Vigo S.A.U., Lérez Canal 29, S.L. e Televisión Pontevedra.
    • Vigo: Faro de Vigo S.A.U., Utega S.A. e Rías Baixas de Produción.
    • Vilagarcía de Arousa: Lérez Canal 29 S.L., TV Salnés e Editorial La Capital S.L.

    Fonte: Xunta de Galicia.

    Engádega: Agora vexo que a Xunta tamén fixo un mapa, despois do que me custou a min facer un!

  • En espera

    A Xunta de Galicia segue sen decidirse a conceder as licencias de TDT local. Íao facer o verán pasado o anterior goberno en funcións, logo o prazo remataba a fin de ano, despois dilatouse tres meses ata rematar marzo e, finalmente, Touriño dixo que se faría antes de rematar xuño, mes que, por certo, rematou hoxe cun Consello no que non se tratou o asunto. Será a semana que vén? Cando así sexa, o asunto será comentado aquí moi polo miúdo.

    Entre tanto, lembremos o que pon no prego de condicións:

  • Asturias invádenos

    Como mostra: interferencias da televisión asturiana (TPA). E iso que vivo nas Rías Baixas!

    Primos hermanos

  • Cataláns, vascos e galegos, os menos identificados coa selección española

    Os datos de audiencia do partido de fútbol que enfrontou onte as seleccións de España e Tunisia non deixan lugar para as dúbidas:

    SHARE CUATRO LA SEXTA TOTAL
    CAT 39,1% 12,2% 51,3%
    EUS 38,6% 18,2% 56,8%
    GAL 43,3% 16,4% 59,7%

    No resto das comunidades autónomas superouse o 60% de share. Fonte: Fórmulatv.com.

    Tamén hai outras posibles interpretacións, como que somos menos futboleiros ca o resto dos cidadáns españois. Aínda que eu, persoalmente, me inclúo no grupo dos que non sentimos a mínima emoción escoitando himnos de reminisciencias neofascistas como «A por ellos», «Romper gargantas hasta sangrar» e barrabasadas semellantes, non creo que sexa a nota predominante entre os galegos.

    Si: non vin o partido nin teño pensado ver ningún, vale?

    Engádega: Como xa empezo a ver os comentarios que chegan, teño que confesar que a selección galega tampouco me «pon».